Distribuir contido

Sabucedo

A Vila

Sabucedo é unha pequena aldea do interior de Galiza, no corazón da comarca de Tabeirós Terra de Montes e pertencente ó concello da Estrada. Temos noticias de veciños en Sabucedo a comezos xa do século XV. De non ser polo singular da súa tradición estariamos a falar dunha desas fermosas aldeas perdidas entre carballeiras, esquencidas polas institucións e abandonadas definitivamente polos seus veciños ante a falta de oportunidades para sobrevivir de uns e de desenvolverse doutros. É este feito, o singular da súa tradición “A Rapa das Bestas”, o que a distingue e fai que cada ano se acheguen milleiros de persoas durante os días en que transcorren as celebracións.

(more...)

Historia de Sabucedo

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO: UNHA FESTA MÁXICO-RELIXIOSA

(more...)

Lugares de Interese

Nesta sección queremos volver a mirada cara ó noso contorno máis achegado, aquel do que formamos parte e sen o cal seguramente non seriamos como somos.

Intentaremos facer un pequeno percorrido por aqueles puntos que nos parecen de maior interese da comarca e arredores para poder visitar.

Pensamos que todos estes puntos en conxunto ben poden ser unha representación ou pequena mostra da Galicia do Interior, con moitas salvedades, claro está.

Comprimiremos esta zona entre as vilas de Santiago de Compostela, que dista a 40 km, cara ó Norte, e Pontevedra, que o fai a 36 km cara ó Sur.

A calquera das dúas vilas podemos chegar en 30 minutos en coche.

Os nosos puntos de interese van ser:

- O Centro Etnográfico de Soutelo, a uns 16 km. xa no Concello de Forcarei.
http://www.cetmo.info

- Os Petroglifos de Campo Lameiro a 15 km cara ó sur.
http://www.campolameiro.com/petroglifos

- O Pazo de Oca no mesmo Concello da Estrada e a uns 25 Km.
http://www.fundacionmedinaceli.org/monumentos/oca

- O Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa no concello de Silleda, a uns 40 Km.
http://www.mosteirodecarboeiro.com

- Os restos Castrexos de Castro Landín no concello de Cuntis. Tamén neste Concello podemos parar no Centro Termal e relaxarnos, dista de Sabucedo a uns 24 Km.
http://www.castrolandin.es
http://www.termasdecuntis.com

- Eira da Hermida en Filgueira No lugar de Filgueira, pertencente ó veciño Concello de Cerdedo e moi pretiño de Sabucedo, son dignas de ver as mostras de arquitectura popular que podemos atopar en todas as casas e no seu fermoso eirado da Hermida composto dun conxunto de 12 canastros ou horreos que está xunto á capela da Virxe dos Remedios (queimada supostamente polos soldados de Napoleón) dende onde hai unha gran vista panorámica da parroquia de Quireza e montes do arredor. Os canastros servían principalmente para almacenar e secar o millo. Están pensados para que deixen pasar unha boa ventilación e que ó mesmo tempo estén ben protexidos contra a choiva que é tan frecuente nestos lares. Tamén teñen unha construcción adecuada para que non poidan subir os ratos e comer o millo nin tampouco entrar os paxaros. Filgueira é terra de moitos ferreiros e fiadeiros e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.
Vista 360º da Eira da Hermida
Punto de interese en Cerdedo

(more...)

Que ver en Sabucedo

Sabucedo, como moitas outras aldeas de Galicia, caracterízase pola súa integración no Medio Natural, situado nun contexto amplo, entre os ríos Umia ao Este e Ulla ao Oeste, entre as montañas de Montouto e a Serra do Candán.

O visitante pode relaxarse ao chegar, nas moitas carballeiras que abondan neste lugar. Tamén é interesante a arquitectura das súas casas, as típicas de pedra que podemos ver noutros moitos lugares da nosa xeografía.

Ademais, en Sabucedo é interesante ver a Igrexa e o Curro. Esta última construción foi proxectada sobre unha vella canteira para non interferir no contorno. Ten no seu portalón de entrada unha escultura do artista Juan Oliveira, coñecido pola súa obra en xeral, e pola escultura dos cabalos da Praza de España en Vigo en particular.

Nos arredores pódense facer diversas rotas, que na meirande parte dos casos se están a deseñar aínda. Con todo, é posible achegarse ó río e facer un pequeno percorrido pola rota dos muíños, dun grande interese etnográfico e paisaxístico.

É esta unha senda situada en Sabucedo,  ó pé da estrada comarcal PO-7001  cun percorrido de aproximadamente 1 km e unha dificultade baixa para camiñar. Ideal para dar un paseo polo campo, xunto ó río, e coñecer a actividade que derredor del se desenvolvía nos muíños, gozando da beleza da vexetación, a paisaxe e os caprichos da auga na natureza.
Comeza fronte ó cruzamento que dá entrada a Sabucedo, chamado cruzamento do Teleclub.

O primeiro que atopamos é unha construción, restaurada de forma primorosa, de planta baixa, chamada na aldea a “Fábrica do Maestro”. Dentro dela está o Muíño, o  Serradoiro e o Forno de cocer o pan.
Seguindo o carreiro, baixo frondosos carballos centenarios, camiñaremos ó pé dun manso río no que se reflicten as árbores e as nosas propias imaxes. É posible que vexamos cruzar algunha troita e no verán medra unha deliciosa e refrescante vexetación que nos convida a camiñar paseniño, respirando fondo e enchendo o corpo desa paz e tranquilidade que nos dá a Natureza en estado puro.

De seguido chegamos a un estanque, onde o río fai unha paradiña para encollerse, e meterse pola estreita “ Presa do Muíño de Pura”.
Non cabe todo e vértese polos lados. Unha parte vai para a Presa do Cagallal, que antigamente se empregaba para regar as veigas do mesmo nome, e a outra segue o verdadeiro camiño do río pasando pola Ponte de Saramagoso.
É esta unha preciosa ponte medieval  de sinxela feitura, na que parece que, unha vez  labradas as pedras,  un xigante as foi colocando encaixando unhas noutras como se dun quebracabezas se tratase.

Senda adiante, camiñando entre canles de auga, chegamos ó Muíño de Pura do Comercio. É dun só andar con cubo de balsa. No interior non ten colocadas as moas, polo que non está en funcionamento. É de propiedade particular.
Pegadiños ó cubo deste muíño, camiñamos xunto á presa do Cagallal. Mirando á nosa dereita vemos, alá embaixo, o río e a Presa do Muíño das Paradas. Hai unhas bonitas cachoeiras que nos convidan a levalas para a casa, polo menos, nunha foto.

Nesta presa  lavaban as mulleres a roupa da casa polo verán. Aproveitaban a hora de máis calor, despois de xantar, cando non podían sachar no millo, para levar a roupa ó río e lavala, entre lerias, algún aturuxo e contos de mozos e mozas. Alí quedaba ó clareo ata a noite, cando se recollía.  ¡Cantos traxes se lle ten cortado alí  a algúns (e a... algunhas)!

Se seguimos uns pasos máis, vemos o Muíño das Paradas, co seu cubo e  presa de pedra.  Este muíño foi construído no primeiro cuarto do século XIX, con pedras arrincadas no río e outras traídas en carretos dende o monte. Pensamos que é o máis antigo dos que alí se conservan. Foi o último que parou de moer. Chámase “das Paradas” porque lle faltaba ás veces  a auga, sobre todo no verán, xa  que a usaban para regar as veigas.
É un muíño de Herdeiros. Estes muíños construíanse entre varios veciños ou familiares que despois repartían os tempos de moenda ou a “vez”.
Ten un tellado de lousas que se trouxeron en carros de vacas dende Montouto. No interior ten a moega colgada dunha viga máis baixa có teito,  o pé, a moa de pedra do pais,  e  tremiñado. O tremiñado é o lugar arredor da moa, onde cae a fariña. Nel, debían estar ben rematadas as paredes e o chan. Cando se ía recoller a fariña, varríase o tremiñado cunha vasoira de palla e cunha pa pequeniña de  madeira íase botando no saco.

Unha vez varrido viña o da seguinte “vez”  e, sen parar o muíño, botaba o fol de millo na moega  e moía as horas que lle tocaban. Despois tiña que varrer o muíño para deixalo preparado para o seguinte. Moíase de día e de noite,  cada un cando lle tocaba.

Seguindo a ruta atravesamos o río por unha bonita ponte de madeira para pasar á outra ribeira. Alí está o muíño “do Medio”, así chamado porque se atopa  entre o “das paradas” e o dos Ovelleiros.
É unha construcción tamén de pedra co tellado enlousado da mesma maneira que o anterior. Para facelo tiveron que romper un outeiro dunha pedra moi dura que, cos medios daquela, non puideron desfacer por completo. Alí está o muíño, case pegado ó outeiro, que semella empurrárense un ó outro.
É tamén de herdeiros, polo que nel moían diversas familias por horas repartidas entre o día e a noite.

No interior ten unha moega colgada e unha caixa de madeira de seis lados arredor da moa, onde vai caendo a fariña. O rodicio era de madeira e estragábase moitas veces, polo que o muíño botaba longas tempadas sen moer, ata que ían os que tiñan “vez” alí e o arranxaban.

O último desta ruta é “o dos Ovelleiros”. Este nome vénlle dado porque foron os membros desta familia, moi numerosa en Sabucedo, os que o construíron.

Tamén de pedra coma os anteriores, e con tellado de grosas lousas, xa hai anos que rompeu o tellado co peso e derrubouse todo el dentro do muíño.
Non hai posibilidade de poñelo actualmente en funcionamento. Exteriormente consérvase como estaba na antigüidade.
Debaixo del está a “Poza dos Ovelleiros”, que era o lugar onde se bañaban os rapaces de Sabucedo. Despois duchábanse coa auga que sacudía o rodicio.           

A MOENDA.
Era unha actividade que se facía a diario; de día e de noite. Normalmente eran as mulleres as que se encargaban deste traballo, xa que os homes estaban “fóra”, traballando para traer “un peso” para a casa.
Polo día ía cada unha soa, porque sempre había xente traballando nas veigas ou polos camiños levando e traendo no gando, pero pola noite había máis medo e normalmente sempre ían dúas mulleres xuntas.

Case sempre acompañaba  a que acababa a moenda á que lle tocaba a seguinte quenda. Para alumear o camiño levaban un “fachico”. É este un atado de palla de centeo (un monllo) ó que se lle prendía lume ó saír  da casa. O fachico tiña brasa e se se axitaba un pouco, prendía lume nel. Pero non podía ir acendido continuamente porque se acababa moi pronto e tiña que durar a ida e a volta.

Para ver no muíño levábase un candil de gas. Era como unha pequena botella cunha asa para collela e tiña un pequeno gancho para colgalo. Tamén se usaba o “farol”, que consistía nun pequeno recipiente con aceite, e unha mecha que se metía dentro dunha especie de caixa cadrada, con cristal derredor. Prendíaselle lume e, aínda que alumeaba pouco, non o apagaba o aire. Durante o varrido do muíño de noite, ou no cambio de vez, alumeábase co candil ou co farol. O fachico usábase para o camiño.

(more...)

Onde durmir e comer

DURMIR

Existen varias opcións para pasar a fin de semana da festa.

A Rapa caracterízase dende hai moito tempo pola gran cantidade de campistas que ese día se achegan a Sabucedo, é a opción máis elixida. Para acampar hai varias zonas habilitadas onde colocar a tenda de campaña, de momento soamente contamos cos servizos públicos do curro e os móbiles que se colocan por toda a vila, esperamos en breve poder ofrecer máis servizos para ampliar as comodidades dos que elixan a acampada que cada vez son máis.

Para os que buscan máis comodidade, en Sabucedo existe un albergue con 28 prazas e no concello da Estrada existen numerosas casas de Turismo rural que gozan de todos os servizos e a máxima comodidade, poden ver por exemplo o enlace mardecompostela , tamén nalgunha aldea como Quireza que está a escasos 4 km podemos atopar establecementos deste tipo.

Así mesmo podemos atopar hoteis e pensións en Cerdedo, a 9 km, Forcarei a 8 km ou A Estrada a 16 Km con moi bo acceso e numerosas prazas, aínda que nos días en que transcorre a Rapa das Bestas cómpre non despistarse xa que hai unha grande demanda.

Aquí vos deixamos algúns teléfonos de contacto e páxinas webs nas que podedes atopar máis información:

Hoteis e Hostais

En Forcarei:

- Pensión "Mediodía "
986 75 41 15

- Hostal "París"
986 75 41 34

En Cerdedo:

- Hotel "Forga "
986 75 30 08

En Soutelo:

- Hotel "Montes"
986 75 62 01

 

Casas Rurais

En Forcarei:

- "Casa Casanova "
986 75 40 73

- "Casa Filloi "
986 75 52 02

- "Hotel Monasterio de Aciveiro"
902 40 58 58

- "Casa Yosa " (Barciela)
986 69 64 77

En Cerdedo:

- "Casa Florinda " (Pedre)
986 75 31 80

- "Casa Quireza " (Quireza)
986 75 31 73 - 628 51 06 09

- "Palacio de Barreiro" (Vilar)
986 66 64 79

En Soutelo:

- "Casa do Sardiñeiro " (Vilapouca)
609 86 28 36

En A Estrada:

- "O Palomar y A Casa do Avó" (Codeseda)
986 85 0145

- "Casa Virxinia" (Nigoi)
981 59 09 35

- "Casa do Outeiriño" (Tabeiros)
986 57 27 16

- "Casa de Preto" (Codeseda)
986 58 40 95

- "Casa da Carballeira" (Vilar - Ribela)
986 57 37 39

- "A Mimoseira" (Nigoi)
981 598 685

- "Casa Fernández" (Tabeirós)
986 57 27 16

- "A casa da Pastora" (Tabeirós)
986 53 25 66

Para máis información sobre as casas de turismo rural (fotos, reservas, prezos, prazas....) podes visitar a paxina web www.mardecompostela.com ou acceder directamente ás páxinas webs das casas ou chamar directamente por teléfono. Aquí vos deixamos algúns enlaces a algunas delas:

www.mardecompostela.com

www.alberguedesabucedo.com

www.casaquireza.com

http://www.pousadasdecompostela.com/aciveiro

http://www.casamimoseira.com

http://www.acasadapastora.com

http://www.toprural.com

 

COMER

Na carballeira están situados, os días da festa, uns postos nos que se poden comer pratos tradicionais como polbo á feira ou churrasco, así mesmo tamén hai postos que nos ofrecen outros produtos típicos como queixos ou pan de varios tipos ademais dos tradicionais postos de rosquillas e outros doces.

Esta é a principal alternativa á tradicional que consiste en levar a comida feita da casa e gozar dunha comida ó aire libre con familiares e amigos no contorno da carballeira como se fixo e se segue facendo dende moitos anos atrás.

Outras alternativas que podemos atopar nas proximidades de Sabucedo para comer serían restaurantes, parrilladas ou mesóns situados en vilas veciñas como:

En Forcarei:

- Casa da Richada (Restaurante Victoria)
986 75 40 12

- Casa "Mediodía "
986 75 41 15

- Parrillada "Florida "
986 75 50 33

- Parrillada "O Pozo", (Pereira)
986 75 51 25

- Restaurante "París"
986 75 41 34

En Cerdedo:

- Bodegón "A Plaza "
986 75 32 02

- Mesón "Carola"
986 75 32 07

- Restaurante "O Comareiro"
986 75 32 80

- Restaurante "O Rincón"
986 75 32 38

En Soutelo:

- Mesón "Pan de Soutelo"
986 75 63 11

- Restaurante "Avenida "
986 75 60 18

- Restaurante "Montes"
986 75 62 01

- Restaurante "O Lagar"
986 75 60 90

- Restaurante "San Roque"
986 75 60 59

- Restaurante "Portela " (Portela de Lamas)
986 75 64 86

- Restaurante "Milenium"
986 75 61 01

Para calquera dúbida que teñades acerca de como pasar o fin de semana, tanto no aloxamento como á hora de comer non dubidedes en contactar con nós a través do formulario de contacto desta web e trataremos de axudarvos en todo o que poidamos.


(more...)

Como chegar

A parroquia de Sabucedo dista 37 km de Pontevedra (dirección Cerdedo) e a 42 km de Santiago de Compostela (en dirección A Estrada). Posición GPS N 42.58826º // W 8.41475º Para quen veña de fora da comunidade, pode facelo de diversas formas. Si o medio elixido é o avión, en Galicia contamos con 3 aeroportos:

Alvedro na Coruña, que dista de Sabucedo a uns 110 km aproximadamente.

Peinador en Vigo, a 73 km aproximadamente.

Lavacolla en Santiago de Compostela, que dista de Sabucedo a 49 km

(more...)

Localización

Posición GPS N 42.58826º // W 8.41475º

(more...)