TURIRAPA 2013

A Asociación de Turismo Rural da Comarca "Mar de Compostela", organiza un paquete turístico que inclúe aloxamento + programa TuriRapa + entrada para ver o espectáculo da Rapa, para todos aqueles que queiran unirse a nosa viaxe organizada.

O programa TuriRapa invítate a descubrir a historia da Rapa das Bestas de Sabucedo e participar na festa. Inclúe unha ruta de senderismo e outras actividades para coñecer as paraxes naturais e os produtos gastronómicos do entorno coa comodidade de contar cunha casa de turismo rural na que o descanso está asegurado.

O programa TuriRapa dura 3 dias e 2 noites, de venres a domingo. Inclúe aloxamento nunha das casas de turismo rural da Asociación, cea tradicional o venres e o sábado, almorzo e ademáis ofrece un picnic para a comida do sábado pensado para poder desfrutar do ambiente festivo todo o dia.

Podes consultar toda a información adicional que necesites sobre o programa TuriRapa na web da Asociación de Turismo Rural e Ocio da Comarca de Tabeirós Terra de Montes "Mar de Compostela" : www.mardecompostela.com ou no teléfono 699 339 794.

OFERTA

 

(more...)