Consellos Prácticos

  • Para os que van ó monte

Se eres dos que van ir ó monte para colaborar na baixada dos cabalos (recomendase para todos os que queiran vivir a Rapa das Bestas e para todos os que lle guste a natureza) debes saber que se trata dunha especie de excursión os montes cercanos onde se atopan en liberdade os cabalos. Segundo o estado de forma na que te atopes podes facer máis ou menos kilómetros. Para os que estedes en forma neste día pódense chegar a facer máis de 50 km. Pero non vos asustedes, porque os que non queiran forzar o primeiro punto de encontro no monte, onde se reúnen os cabalos está a uns 5 Km e dispoñedes de toda a mañan para chegar a este punto. O ideal sería saír arredor das 7:30 da mañán hacia o monte co grupo maioritario. Xa que no monte vanse facendo grupos máis pequenos que parten en distintas dirección, dirixidos sempre por vecinos de Sabucedo que coñecen perfectamente os montes. Podedes preguntar a onde se dirixe cada grupo para ver cal é o que se adapta máis o que podedes ofrecer físicamente.

No punto de encontro pódense adquirir bocadillos e bebidas (será necesario xa que a mañá é moi longa). A outra posibilidade e que leves un bocadillo e unha bebida da casa. Debedes ter en conta que o monte é irregular, polo que se recomenda levar botas que suxeten ben os nocellos (estilo trecking) e si ademáis son impermeables (tipo goretex) mellor que mellor, xa que en algún punto pode ser que atopedes humidades ou pisedes auga directamente. Tamén é importante non esquecerse que unha das características do monte galego (e o de Sabucedo é un bo exemplo) é a abundancia de toxo. Durante as tarefas de conducción dos cabalos é moi probable que teñades que andar entre eles, polo que se recomenda que levedes postos uns pantalóns fortes, que non deixen pasar fácilmente as espiñas dos toxos. Nin se vos ocurra ir en chándal e menos en pantalón curto.
Outro punto importante e que nesta época do ano os raios do sol pódenvos producir importante queimaduras. Aínda que o día esté anubrado non vos debedes confiar e é recomendable empregar cremas protectoras en todas as partes visibles, na cara, brazos, labios…. Tan importante coma a crema é tamén a utilización dun gorro, sombreiro ou viseira.

Aínda que xa se mencionou a importancia de que levedes bebidas en abundancia, recalcamos que é moi importante que vos manteñades ben hidratados dado que se fai un grande esforzo e súase moitísimo.
Para que todo se vos faga máis levadeiro, sería convinte que estiverades sempre perto de alguén da organización e tamén aceptedes as indicacións que se vos poidan dar para axudar máis efectivamente.
Unha vez dito todo o anterior, sobra dicir que o resto é aplicar o sentido común e disfrutar do maravilloso entorno.

  • Para os que fan acampada

Prégase a todos os que teñades pensador vir de acampada que vaiades ás zonas especialmente habilitadas para tal fin. Tendes duchas abertas no curro durante os días da festa e lembrade que non se pode facer lume.
Tamén se vos pide dende a organización que se levales colchóns ou calquera cousa que consideredes de utilidade non o deixedes abandonado cando vos vaiades de Sabucedo.
Por outro lado, sobra dicir que haberá suficientes puntos onde deixar o lixo sen que quede esparcido en calquer sitio. Aínda que Sabucedo é unha festa continua nestos días, o descanso faise necesario e por eso se vos pide que respetedes o silencio durante unhas horas pola noite para que a xente poida durmir e recuperar forzas. Para os que queirades seguir de festa tendes o campo da festa e as diferentes tabernas que seguro que estarán abertas.

  • Para os que van ó Curro

O máis importante é conseguir unha entrada. Se eres dos que non ten prisa, podes quedar sen ela. Os últimos anos, debido á gran afluencia de público, tivo que quedar xente sen poder entrar ó Curro. As entradas póñense en venta normalmente un par de horas antes de que comence a Rapa no propio curro, pero pódense reservar anticipadamente no Teleclub de Sabucedo, no departamente de Cultura do Concello da Estrada e na oficina de Turismo da Estrada.
O espectáculo dura entre unha hora e media a dúas horas aproximadamente. Aconséllase levar sombreiro, gorra e ir ben protexido contra o sol.


(more...)