A Vila

Sabucedo é unha pequena aldea do interior de Galiza, no corazón da comarca de Tabeirós Terra de Montes e pertencente ó concello da Estrada. Temos noticias de veciños en Sabucedo a comezos xa do século XV. De non ser polo singular da súa tradición estariamos a falar dunha desas fermosas aldeas perdidas entre carballeiras, esquencidas polas institucións e abandonadas definitivamente polos seus veciños ante a falta de oportunidades para sobrevivir de uns e de desenvolverse doutros. É este feito, o singular da súa tradición “A Rapa das Bestas”, o que a distingue e fai que cada ano se acheguen milleiros de persoas durante os días en que transcorren as celebracións.

Demográficamente, Sabucedo conta cunha poboación estable durante a semana duns cincuenta viciños que se duplica as fins de semana e mesmo se cuatriplica nos meses de verán. Pese a seren poucos viciños, trátase dun pobo cheo de vida e conta con tres asociacións que organizan actividades durante todo o ano (clases de gaita e percusión, bailes de salón, festas do magosto, antroido…). Posiblemente teñamos que dar grazas á propia Rapa das Bestas como símbolo unificador da aldea de Sabucedo. Son moitas as tarefas que durante o ano se desenvolven para manter esta tradición as que fan que os viciños traballen codo con codo de forma casi fraternal. A vida social de Sabucedo organízase arredor dun local social, un albergue e a Casa Rectoral que está a ser rehabilitada polos propios veciños para albergar ás distintas asociacións e desenrolar aquelas actividades que non poidan levarse acabo noutro lugar. Ademáis, Sabucedo conta con duas construccións simbólicas como son o Curro e a Igrexa.Actualmente están a diseñarse varias rotas de sendeirismo para que aqueles visitantes que o desexen poidan disfrutar do entorno paisaxístico que rodea a Sabucedo. Nunha destas rotas a carón do Rio, pode o visitante disfrutar do aserradoiro do Mestre e de varios muiños que foron recuperados recentemente. Tamén se está a proxectar a creación dun Centro de Interpretación sobre A Rapa Das Bestas. O Patrón de Sabucedo é San Lourenzo, que se celebra aló polo dez de Agosto cunha comida na carballeira de tódolos viciños, coidando que se manteña a tradición, que non falte o polvo e que corra o viño ó son das gaitas e panderetas. Máis a celebración por excelencia da aldea é a devandita “Rapa das Bestas”, que se ven celebrando dende tempos inmemoriáis e recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional e actualmente candidata para seren proclamada Tesouro Cultural Inmaterial de España. Home e cabalo. A rapa das bestas de Sabucedo enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemuñas privilexiadas deste rito anual. A primeira fin de semana de xullo, un pequeno lugar, unha poboación que se multiplica. A rapa das bestas como principio e fin. A convivencia e a festa como transfondo. Suor, esforzo, po e néboa. A madrugada para xuntalas bestas e comenzar a baixa. Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitantes que, por miles, acoden á cita. As tendas de campaña son o seu fogar durante tres días. A loita nobre entre o home e o cabalo, o que agardan ver. Polo día fanse os “curros”. Ás noites aínda quedan forzas para disfrutar da comida, o viño e a música. Os aloitadores/as cumpriron co seu rito iniciático, unha celebración non contaminada de intereses comerciais e que se celebra do mesmo xeito dende hai cinco séculos.

(more...)