I Ruta Cabalar RAPA DAS BESTAS
Este ano terá lugar a 1ª Ruta Cabalar Rapa das Bestas, como sempre traémosvos a información oficial sobre este evento.
Adxuntamos un díptico con toda a información sobre a ruta que terá lugar os días 16, 17 e 18 de Maio.
Premio Nacional de Fotoperiodismo ANIGP-TV 2012
Este ano concedeuse o premio de fotografía, Premio Nacional de Fotoperiodismo ANIGP-TV 2012, a unha foto basada na festa da Rapa das Bestas de Adrián Irago Romero
Rapa solidaria do Luns
Este ano adicarase o espectáculo do Luns a recaudar fondos para Paula, unha nena de Boiro que padece unha enfermidade chamada agenesia sacra, e decir, que naceu sen sacro e isto aféctalle as súas extremidades inferiores.
Polo tanto todos os cartos que se recauden no curro do luns irán adicados a este fin solidario, pedirase unha doación de 2 euros a todos aqueles que acudan.
Se queredes colaborar con esta boa causa solo tendes que entrar na páxina web www.ayudaapaula.com, alí atoparedes toda a información necesaria
TURIRAPA
A Asociación de Turismo Rural e Ocio da Comarca de Tabeiros Terra de Montes, Mar de Compostela ofrece un paquete turístico completo para os días da Rapa das Bestas, que inclue estancia, comida e varias actividades, tendes máis información no enlace dispoñible no menú desta WEB.
ENTRADAS
Este ano podedes reservar as vosas entradas acudindo directamente ó TELECLUBE (local social de Sabucedo), no Departamento de Cultura do Concello da Estrada e na oficina de Turismo da Estrada.
Este ano tamén se poden reservar directamente online nesta mesma páxina pulsando no seguinte enlace:


